Quen son
Son investigadora, curadora e mediadora cultural. Dende fai máis de vinte anos deseño procesos e proxectos de arte, cultura, participación, innovación democrática, mediación e desenvolvemento territorial e sectorial, tanto desde a administración pública coma profesional independente a nivel local, autonómico, estatal e internacional.
O meu traballo caracterízase polo deseño colaborativo -coas persoas afectadas, involucradas e interesadas nos proxectos- e estratéxico (deseño integral e a longo prazo) buscando solucións e ou proxectos que respondan a necesidades territoriais, sociais ou sectoriais pero encaixadas na axenda social internacional.
Colaboro cun equipo interdisciplinar de profesionais do ámbito do deseño, a arte, a cultura, a participación e a comunicación con longa experiencia. Son socia de DAG (Asociación Galega de Deseñadores) www.dag.gal