Toma de Terra é unha intervención artística da artista Lorena Lozano no Xardín Botánico de Xixón coa participación da comunidade local de Oscos.
Proxecto impulsado por Acción Cultural Española no marco do Xacobeo 21-22. Toma de Terra é un diálogo sobre a flora do Camiño de Santiago, a memoria oral, as linguaxes da arte e a divulgación científica. Desprégase a través de diferentes encontros e talleres organizados con persoas maiores do territorio Oscos, alta montaña de Vegadeo e comarca de Santo Adriano (Asturias). Estas conversacións foron gravadas en audio para compilar un arquivo co que se elaborou unha obra artística aberta ao público en xeral no Xardín Botánico Atlántico de Xixón. Proxecto realizado en colaboración con Marta Oliveres.
Organizacións impulsoras: Acción Cultural Española en colaboración con Patrimonio del Estado, Turismo de Galicia, Concellos da Terra de Oscos e Terras do Burón e Botánico de Xixón.
Anos
2021 - 2022
Web
Categoría
Etiquetas