Impulso dunha estratexia de desenvolvemento territorial e social a través da cultura e o deporte neste Concello (3000 habitantes).
Durante seis anos desenvolvín a posta en marcha da Casa da Cultura de San Sadurniño. Nace como espazo de relación entre entidades sociais, culturais e cidadanía a través dunha programación estable, un programa específico de creación de públicos (vinculado sobre todo ás artes escénicas) e unha escola municipal de teatro. Tamén impulso unha programación de teatro amador descentralizada, actividades de formación para persoas adultas e un proxecto de colaboración permanente cos centros educativos. Así é como xorde unha programación estable para público infantil ou unha liña específica ligada á promoción e expansión da danza entre outros proxectos culturais e de desenvolvemento territorial e social.