Proxecto de pensamento, articulación social e cultural promovido e dirixido pola pensadora, investigadora, pandeireteira e compositora Mercedes Peón.
A iniciativa conta coa colaboración de tres grupos de pandeireteiras sen ánimo de lucro da provincia da Coruña: Raigañas de Cerqueda (Malpica de Bergantiños), Xirifeiras (Fene) e a Asociación Cultural Rosalía de Castro (Padrón). Todas xuntas conformamos un grupo de traballo que, desde o verán de 2021, reflexionou sobre outras formas de vivir a música desde a sororidade e coa firme convicción de crear o noso propio relato da existencia como tocadoras.
O proxecto contou con un proceso de mediación, unhas xornadas públicas e unha publicación redactada por cinco pensadoras e escritoras contemporáneas: Mercedes Peón, María Reimóndez, Ana Romaní, Andrea Nunes e Susana Aríns.
No marco de este proxecto puiden buscar financiamento, coordinar o proxecto e desenvolver un proceso de mediación para deseñar, de xeito colaborativo o seus contidos. Hoxe en día SOMOS PANDEIRETEIRAS é una asociación cultural sen ánimo de lucro.
Anos
2021 - 2022
Web
Categoría
Etiquetas