Proceso participativo encargado polo Concello de Oza-Cesuras co apoio da Reserva da Biosfera Mariñas-Betanzos para a definición de usos do Sanatorio de Paraxón, un proceso dirixido a toda a veciñanza de Oza-Cesuras que se desenvolveu durante seis meses e que concluíu cun informe de proposta de usos e xestión do recinto.

O meu traballo foi deseñar un proceso de participación para a veciñanza da zona, a comunidade educativa, os axentes sociais e os axentes da Reserva da Biosfera vinculados ao territorio; ademais da produción e realización de todos os encontros, xuntanzas, entrevistas e actividades do proceso, así como da organización dun proceso de devolución con todos os axentes participantes. Para este proxecto contei coa colaboración do arquitecto Iago Carro, de Ergosfera.

Anos

2022

Web

Categoría

Etiquetas