Iniciativa de pensamento contemporáneo, aprendizaxe e intervención paisaxística que se desenvolve no espazo público do Camiño de Santiago.

Desprégase a través de catro accións: un traballo de mediación no territorio (Palas de Rei e Larouco) para identificar e involucrar de xeito activo aos axentes locais no proxecto; un seminario de pensamento interdisciplinar contemporáneo para imaxinar os criterios e as metodoloxías de intervención no espazo público en contextos rurais do Camiño de Santiago; un taller para deseñar, de xeito colectivo entre artistas e axentes locais, un prototipo que poña en práctica eses criterios e metodoloxías; a execución do prototipo, no Concello de Larouco e unha publicación que recolle todo o proceso coa idea de abrir o seu código, replicar o proxecto e xerar un catálogo con criterios e metodoloxías de intervención no espazo público do Camiño.