Estratexia Nacional de Intelixencia Creativa (SNIC). A través dun encargo da DAG (Asociación Galega de Deseñadores), coordino o deseño colaborativo do Nodo Galego da Estratexia Nacional de Intelixencia Creativa, un proxecto impulsado polo Goberno de España en colaboración con iniciativas de todo o Estado.

Trátase dun proxecto impulsado por la Unión Europea que pretende abordar unha transformación cultural das industrias creativas a través da Nova Bauhaus Europea e do traballo en tres eixes: inclusividade e diálogo entre culturas e xeracións, economía circular e o diálogo entre a beleza, a sostibilidade e a natureza; así como as experiencias inspiradas na creatividade, a arte e a natureza a través dun movemento cultural creativo e transdisciplinar.

Organizacións impulsoras: Asociación Galega de Deseñadores (DAG) a travé do apoio de AGADIC e coa colaboración de READ (Res Española de Asociaciones de Diseño)

Anos

2021 - 2022

Web

Categoría

Etiquetas