Xornada ao redor dos centros de creación en Galicia que co-comisariei con Caterina Varela por encargo de A Casa Vella. O proxecto, enmarcado en Territorio Cultura, tivo como obxectivo analizar as oportunidades que existen para a implementación de axudas públicas para os centros de creación en Galicia.

A partir de dous encargos de dous textos (un sobre o que é un centro de creación e outro sobre as oportunidades xurídicas da creación de axudas para os centros de creación en Galicia) convidamos a un grupo de unhas trinta persoas do ámbito artístico e cultural, para poder debater e analizar ambos documentos e trazar unha folla de ruta para seguir traballando no impulso dos centros de creación artística en Galicia, de xeito independente, pero tamén institucional.

Organización impulsora: A Casa Vella a través de Territorio Cultura da Xunta de Galicia e do Ministerio de Cultura.