Proxecto de mediación coa Comunidade de Montes de Couso (Gondomar) impulsado por Concomitentes no marco do proxecto Europeo Art Living Lab for Sustainability, financiado polo programa de Europa Creativa.

Concomitentes promove a creación de obras de arte e media entre a sociedade civil que as encarga e os/as artistas que as producen. Convídase a grupos procedentes da sociedade civil para converterse en promotores -comitentes- dunha obra de arte, neste caso a Comunidade de Montes de Couso. Durante o proceso de mediación, deséñase unha idea de xeito colectivo para facela realidade a través dunha proposta, baseada na natureza, da artista Asunción Molinos Gordo. artista proposta pola mediadora para realizar este proceso.