Creación da Concellería de Participación e innovación Democrática co impulso dun equipo de funcionarias/os, dun orzamento e dun proxecto de área a medio e longo prazo. Durante catro anos puxemos en marcha diferentes programas de participación e innovación democrática que son os que seguen:

  • Escano Cidadán. Participación da veciñanza no Pleno Municipal con voz propia.
  • Orzamentos participativos. Unha ferramenta para que a veciñanza da Coruña decida libremente e de maneira directa en que empregar unha parte do orzamento do seu concello.
  • Procesos participativos. Un espazo de deliberación e participación pública para abordar os grandes retos da cidade de xeito colectivo, a través dos diferentes saberes (cidadá, técnico e académico) coa intención de ofrecer as mellores solucións aos problemas da cidade.
  • Organización da cidade da Coruña en distritos. Proceso participativo para a organización da cidade da Coruña en distritos, co obxectivo de poder xerar políticas redistributivas por territorio en función de criterios sociais. Neste marco organizáronse máis de 25 encontros e diferentes accións informativas e pedagóxicas para desenvolver unha proposta formal de reorganización da cidade.
  • Deseño do Plan de Usos e Mecánicas de Xestión das Naves do Metrosidero. Proceso participativo para definir os usos e a xestión dun espazo para a mocidade da Coruña. Para o deseño do plan de usos e mecánicas de xestión realizamos un proceso participativo durante un ano no que participaron veciñas e veciños do barrio coruñés da Cidade Vella a comunidade educativa, mozas e mozos da cidade, diferentes colectivos de ámbito deportivo e cultural, persoal técnico  municipal e representantes públicos. Un proceso que deu lugar a un centro para a mocidade, de entre 12 e 30 anos,que hoxe está en marcha no centro histórico da Coruña.
  • TEUS.  Conxunto de espazos de uso libre e gratuito para a veciñanza.

Anos

2015 - 2019

Web

Categoría

Etiquetas