Proxecto impulsado por Acción Cultural Española no marco do Xacobeo 21-22. Esta intervención artística de Lucía Loren na aldea de Bustelo, no municipio de Quiroga (Lugo), consiste na creación dun espazo público, entendido como contorna vital de aprendizaxe e colaboración, a partir das posibilidades que nos ofrece unha relectura do noso patrimonio desde a sensibilidade da arte contemporáneo. A proposta materialízase na creación dunha peza de arte pública de carácter escultórico, inspirada nunha técnica de arquitectura vernácula tradicional da zona como son as albarizas, realizadas en pedra seca, coas que se construían as paredes que protexían as colmeas de depredadores como os osos.
A intervención artística realízase na Alvariza de Bustelo (Quiroga) coa participación da comunidade local de Bustelo, Quiroga e outros territorios, así como de diferentes artistas e artesáns da pedra seca que desenvolveron un proceso de transmisión desta técnica coas persoas participantes.
Anos
2021 - 2022
Web
Categoría
Etiquetas